Views Navigation

Navegación de vistas de Actividad

Hoxe

Proxecto habilidades cognitivas e instrumentais

Colexio Luis Vives Aira do Fonsillón, 4, Ourense, Ourense

O noso centro vai a colaborar co Departamento de Psicoloxía Evolutiva e Comunicación da Universidade de Vigo nunha investigación sobre a aprendizaxe da lectura, escritura e matemáticas. A finalidade é determinar fortalezas ou dificultades e desenvolver propostas de actuación. Esta investigación proporcionará datos de interese para a comunidade educativa. Como toda investigación está sometida ás cláusulas deontolóxicas, de boas prácticas e confidencialidade. [...]

Noite Galega das persoas investigadoras

Noite Galega das Persoas Investigadoras A Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo achegouse ao colexio para levar a cabo unha actividade, dentro do marco da “Noite Galega das Persoas Investigadoras”, un evento que se organiza a nivel comunitario para achegar o labor das científicas e científicos á sociedade. Nesta actividade fixeron experimentos prácticos, coñeceron máis sobre as algas [...]

Volcán

Os máis peques seguindo a triste actualidade aprenden o funcionamento dun volván a través da RA (realidade aumentada) e tamén con medios máis "caseiros"

We are a team

Desde a sección de inglés chéganos "we are a team". Unha pequena actividade cooperativa e colaborativa practicando inglés.

Refráns Galegos

O alumando de 3º ESO estiveron traballando a Literatura Popular en Lingua Galega, implicando aos seus maiores para facer esta recopliación de refráns. Parabéns polo traballo!

Atletismo. Edymar Brea

Desde o centro e dentro da programación do noso proxecto "Deporte, educación e saúde",  cuxo obxectivo é valerse de cualquer oportunidade para potenciar o deporte e por tanto a salúde a través da educación, contamos coa visita do club "Ourense Atletismo" Teremos o privilexio de contar coa presenza de: - a Atleta internacional venezolana Edymar Brea Abreu, (campiona Iberoamericana de 10000 e 5000 m.) [...]

A importancia do son nos videoxogos

Dentro dos "Encontros con profesionais TIC" o alumnado de Secundaria asistíu a conferencia de Antonio Oliveros sobre "A importancia do son nos videoxogos".

Enredados na igualdade

O alumnado de 1º e 2º de Secundaria participa activamente no Porxecto "Enredados na igualdade" organizado pola federación de ANPAS.

Ciclo de conferencias Escola de Saúde Luis Vives. Cancro de mama

Esta tarde no colexio asistimos á conferencia sobre o cancro de mama que correu a cargo do Dr. Manuel García García, xefe de ciruxía e coordinador da unidade de mama no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense e o xefe de sección do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense Pedro Trillo.

A Esmorga

O alumnado de 4º de ESO disfrutou moito co filme "A Esmorga" de Igancio Vilar. Actividade dentro do proxecto que están a realizar sobre esta obra de E. Blanco Amor. Este visionado axuda a comprender mellor a época e costumes daquel momento.